Colaboran


O Festival do Río Castro celébrase cada ano grazas á implicación de moitos veciños e veciñas de Naraío que colaboran de moitos xeitos: cedendo os terreos, axudando nos preparativos, na organización, promocionando a festa e, sobre todo, dando ánimo para que a asociación continúe no futuro con este encontro da música e a cultura.

Uns anos cos outros, o festival ronda os 15.000 euros de presuposto. Unha contía que se asume con recursos propios e con importantes achegas.


 É o caso do Concello de San Sadurniño, que subvenciona as actividades anuais da asociación -nas que se inclúe o festival- ao tempo que nos dá apoio loxístico emprestándonos valos metálicos, colaborando na roza dos campeiros ou achegando suficientes colectores para que as tarefas de limpeza sexan algo menos traballosas.

 Cómpre destacar a axuda facilitada pola Cooperativa de Meirás de Consumidores e Usuarios. A cooperativa sempre está disposta para colaborar economicamente tanto co festival como con outras actividades que se desenvolven ao longo do ano. Ademais, é centro de abastecemento inmediato de moitos materiais indispensables para que todo funcione como debe.



Inclúese no capítulo de colaboración da área de Cultura da Deputación da Coruña, agardando que contribúe cunha achega financieira a través da liña de axudas para festivais de música tradicional.



Co patrocinio de:

Co patrocinio de: