![]() |
Durante a tarde hai unha ampla programación familiar |
Ao remate do espectáculo, a iso das 18'30 empezará un dos apartados máis exitosos do noso festival, o campionato de xogos populares. Ide afiando os tronzadores, poñendo a tono os músculos para tirardes pola corda e afinando a puntería para atinar na chave.
O concurso de xogos e deportes populares pón a proba a forza e a pericia de quen queira sentar cátedra co tronzador, tirando á corda, petando na chave ou atinando na boca dunha rá de ferro. O importante é participar, pero lembrade que tamén haberá premios para os gañadores en cada proba.

Ás 22'30 empezaremos coa música, no apartado Quen vén? tedes máis información sobre os grupos, que este ano serán as Escolas de música tradicional de Naraío, Josinho da Teixeira & Lupe Blanco, a Agrupación folclórica Berce, Os Carunchos e Os Tres Trebóns... case nada.
Por suposto, se vides de merenda tampouco lavedes a louza no río aínda que o deterxente poña que é biodegradable. Reciclade todo o que poidades e o que non sexa reutilizable tirádeo nos colectores do lixo que haberá repartidos por todo o recinto.
Respectade os sinais e as indicacións do persoal da organización e de Protección Civil que colabora con nós.
- Non aparquedes en lugares que non estean sinalizados.
- Non armedes a vosa merenda ou acampada en lugares marcados previamente por outros festivaleiros con cintas ou cordeis.